Boas tardes cogumeleir@s,
Estamos a preparar a Xuntanza Micolóxica da que falamos na Asamblea Xeral de Maio.
Necesitamos para poder abordar do xeito máis real posible estancias, comidas e saídas saber o número aproximado de participantes. Para isto pedímosvos que preguntedes aos vos@s soci@s se teñen intención de asistir e que  fagades vós a lista de participantes dentro da vosa asociación.

Estes son os datos:
Primeira Xuntanza-Encontro micolóxico da FGM para identificación e clasificación de especies que terá lugar os vindeiros 6, 7 e 8 de decembro na comarca de Ferrolterra, Cabanas, Miño, Fene, Pontedeume… O formato desta "xuntanza" é o habitual neste tipo de encontro;  saídas o monte pola mañá e traballo de identificación pola tarde. O traballo de identificación terá lugar na sede dos nosos compañeiros da Asociación Micolóxica Viriato en Maniños-Fene . As saídas matinais do venres, sábado e domingo celebraranse en lugares próximos ao local de identificación, especialmente nas praias da contorna e Fragas do Eume. Teremos espazo para microscopios,  lupas e secadores. O que non dispoña de microscopio ou lupa pode continuar a recoller exemplares ou aprender cos que fan microscopía ou adicar o tempo o que máis apeteza.
Moitos de vós xa sabedes en que consiste este tipo de encontros e podedes explicalo con máis detalle. A idea é pasar uns días de fraternidade, compartir experiencias e iniciar novos proxectos para FGM. Será o primeiro pero seguirán outros, cada ano ou cada dous anos.
O encontro comenzaría o venres día 6 pola mañá. Finalizaría o domingo despois de xantar.
O programa definitivo con horarios, saídas, comidas e demáis enviarémolo en vindeiras datas.


Queremos apuntar que non é necesario acudir a todas as xornadas completas, cada quen pode escoller vir un día, só a comer, comer ou durmir, 1 día ou dous días, como prefira pero debemos ter estes datos a antes posible. A data límite para ter os datos completos é o 17 de novembro. Para recepción de datos micoloxica.viriato@gmail.com
Tamén queremos dicir que non se trata de clases maxistrais nin é para xente especializada, insistimos no carácter de xuntanza, encontro, de fraternidade, de experiencias…

Nas saidas estamos pensando na Praria da Madalena en Cabanas (dá para una mañán enteira), Fragas do Eume, praia de Cobas, Doniños ou Ortigueira. Caben outras posibilidades pola contorna. A idea é facer tamén una cea de despedida o sábado. O sitio xa o temos mirado e é do máis axeitado para ese evento.

Buscamos o máis económico posible con duas opcións para o aloxamento ambas con almorzo incluido, unha básica (Residencia Luis-Pontedeume) con unha habitación sencilla de 18 € por persoa individual ou 36 € a dobre. E a outra en hotel de máis categoría (Hotel Crisol-Miño) cos seguintes prezos: habitación individual 38,5 € e dobre 50 €.  O hotel dispón tamén de habitacións de 3 e 4 camas con un prezo un pouco máis baixo, entre 22,75 e 24 € por persoa. Todos os prezos con ive incluído.
En canto as comidas os prezos oscilarán entre os 10 e os 15 €. Temos mirado varios sitios, falta tomar as últimas decisións. Igualmente os participantes poden decidir comer ou cear pola súa conta, aínda que consideramos que mellor é facelo todos xuntos polo menos as comidas.
A festa-cea de clausura do sábado día 7 será no Restaurante A Cabana-Bergondo estamos negociando un prezo non superior a 30 €.

Espereramos as vosas noticias e colaboración.

A Xunta directiva