FICHA de Especie:
Hygrophorus nemoreus
- Localización: España, Galicia, Lugo, O Corgo, Santo Estevo de Folgosa
- Coordenadas e/ou altitude: 540 m
- Ecoloxía (hábitat): En bosque de Quercus robur con algún exemplar illado de Pinus pinaster
- Leg.: Jose Castro
- Det.: Jose Castro
- Data da recollida: 13-11- 2016
- Código de herbario: JCAS0081038000075 GenBank: MH703904
- Breve descripción macro e micro: Píleo convexo, logo aplanado, despois forma de funil, umbón ancho e obtuso, con fibrilas radiais de cor laranxa escura/apardazada, pileipellis seca, algo viscosa en tempo húmido, mate, crema alaranxada, máis escura no centro. Lamelas separadas, adnatas a decorrentes, con lameliñas. Estípite crema no ápice, máis claro cara á base, cheo, duro e seco, a maioría das veces rematado en punta, superficie fibrilosa. Contexto abondoso e firme, de cor branca, branca/crema, inmutable. Cheiro débil, a fariña. Sabor a fariña. Basidios craviformes a subcilíndricos, tetraspóricos, con fibela basal. Esporas lisas,elipsoidais a subovoidais 6-7,4×3,7-5. Trama bilateral. Fibelas abondosas.
- Fonte (datos de publicación do taxon, no caso de habela).: CASTRO FERREIRO, J. 2018. Estudos no xénero Hygrophorus: Hygrophorus nemoreus. Tarrelos 20:21-27
- Nome e contacto do autor do texto e das fotografías.: Jose Castro
- Como citar: Jose Castro (2019) Hygrophorus nemoreus in Catalógo Micolóxico de Galicia. FGM. http://www.fgmicoloxia.org/catalogo.php
-
Outras CITAS:
- A Coruña:
- Lugo:
- Ourense:
- Pontevedra:
- Fotos Macro e Micro:

