FICHA de Especie:
Morchella castaneae L.Romero & Clowez (2012)
- Localización: España, Galicia, A Coruña, Coirós
- Coordenadas e/ou altitude: 43º16'02.7"N 8º10'13.9W 80m altitude
- Ecoloxía (hábitat): Zona sombría con Castanea sativa, Alnus glutinosa e Corylus
avellana. Solo acedo.
- Leg.: Alexandre Xosé Ramos Gorgozo
- Det.: Javier Marcos Martínez & Guilhermina Marques
- Data da recollida: 30/03/2018
- Código de herbario: Breixo 2021031801 (Herbario Alexandre Xosé Ramos Gorgozo)
- JMM0005 (Herbario Javier Marcos Martínez)
- Breve descripción macro e micro: Especie que presenta nos seus estadíos xuvenís formas trapezoidais e cores negruzcos a grises no himenio, evolucionando coa idade a ovoides e tonalidades pardo ocráceas. Alveolos poligonais,angulosos e de fondo plano. As costelas, algunhas fendidas, son brancas por moito tempo, sen manchas, tornandose pardo-ferruxinosas coa idade e ao tacto. Presenza dunha pequena pseudovalécula na unión da mitra co estípite, este último, polo xeral mais curto ca mitra, presenta tamén manifestacións pardo ferruxinosas cara a base, coa idade e a manipulación. Cheiro complexo, afroitado, terroso. Ascosporas elipsoidais, lisas, hialinas e sen granulacions lípidas. Ascos cilíndricos, non amiloides e octospóricos. Paráfises cilíndricas cun tamaño semellante aos ascos.
- Fonte (datos de publicación do taxon, no caso de habela).: .https://www.ncbi.
nlm.nih.gov/nuccore/
MW888869.1
- Nome e contacto do autor do texto e das fotografías.: Alexandre Xosé Ramos Gorgozo
- Como citar: Alexandre Xosé Ramos Gorgozo (2021) Morchella castaneae in Catalógo Micolóxico de Galicia. FGM. http://www.fgmicoloxia.org/catalogo.php
- Outras CITAS:
- A Coruña:
- Lugo:
- Ourense:
- Pontevedra:
- Fotos Macro e Micro:

