FICHA de Especie:
Sclerogaster hysterangioides (Tul. & C. Tul.) Zeller & C.W. Dodge, Ann. Mo. bot. Gdn 22: 370 (1935).
- Localización: España, Galicia, Lugo, Folgoso do Courel, Santa María de Meiraos, "Taro Branco"
- Coordenadas e/ou altitude: 42º40’06”N 7º09’20”W a 1165 m s. n. m.
- Ecoloxía (hábitat): Hipoxeo baixo Tseudotsuga menziesii
- Leg.: Julio Cabero
- Det.: Julio Cabero & Julián Alonso
- Data da recollida: 11/03/2017
- Código de herbario: LUGO_ECC17031107
- Breve descripción macro e micro: Basidiomas hipoxeos subglobosos de 0,5-1,5 cm de diámetro, inmersos nunha masa miceliar flocosa con substrato adherido. Peridio limpo de substrato con superficie abrancazada collendo tons ocres á manipulación, espesor de 200-300 μm con estrutura hifal e hifas máis grandes na parte externa. Gleba ocre-verdosa con presenza de vetas abrancazadas e unha columela central rudimentaria. Esporas subglobosas, apiculadas, verrugosas, de 4-5,5 μm. En bosques diversos, primavera e outono. S. compactus ten gleba amarelo-alaranxada, peridio pseudoparenquimático e esporas máis grandes. S. gastrosporoides gleba non verdosa e esporas máis grandes e espiñentas.
- Fonte (datos de publicación do taxon, no caso de habela).: Alonso Díaz, J.; Rigueiro Rodríguez, A. (2020). Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel. (Galicia, NO España). Monografías do Ibader, Serie Cadernos da Estación Científica do Courel. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
- Nome e contacto do autor do texto e das fotografías.: Julián Alonso Díaz
- Como citar: Julián Alonso Díaz (2021) Sclerogaster hysterangioides in Catalógo Micolóxico de Galicia. FGM. http://www.fgmicoloxia.org/catalogo.php
-
Outras CITAS:
- A Coruña:
- Lugo:
- Ourense:
- Pontevedra:
- Fotos Macro e Micro:

